Tres persoas feridas nun choque frontal entre dous turismos en Gondomar

1 minutes read

Tres persoas resultaron feridas esta tarde en Gondomar nunha colisión frontal na que se viron implicados dous coches. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, unha muller precisou ser liberada polos efectivos do GES do Val Miñor, ao quedar atrapada no interior dun dos vehículos accidentados.

O sinistro produciuse na rúa Don Diego Sarmiento de Acuña, ao fío das 15:00 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta dos feitos.

Nada máis ter constancia, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros do Porriño, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES do Val Miñor e da Policía Local. Ademais, os xestores do CIAE 112 Galicia informaron do ocorrido aos Bombeiros de Vigo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?