Esta mañá tres persoas resultaron feridas despois de producirse unha colisión na que se viron implicados dous turismos en Porto do Son. O accidente ocorreu no punto quilométrico 98 da AC-550, á altura da parroquia de Xuño, ao fío das 11:10 horas.
Segundo comunicou 112 Galicia, as persoas tiveron que ser evacuadas e os servizos de emerxencia encargáronse de retirar os restos do accidente co fin de restaurar as condicións de seguridade na vía de circulación.
Ata o lugar achegáronse os axentes da Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Boiro, a Policía Local e o servizo de mantemento da estrada, ademais dos efectivos do 061-Urxencias Sanitarias.
Colisión múltiple en Vigo
Tres mulleres tamén resultaron feridas nun choque entre outros tantos coches. Ocorreu sobre as 10:00 horas deste martes na Avenida Arquitecto Antonio Palacios (Vigo).
Ata o lugar do sinistro achegáronse os servizos sanitarios, a Policía Local, os Bombeiros de Vigo e a Protección Civil da cidade.