- Como consecuencia do impacto, un dos coches comezou a arder e quedou afectada a parte dianteira do vehículo
Tres persoas necesitaron asistencia médica despois de verse implicadas nunha colisión frontal entre dous vehículos na N-640, ao paso por Caldas de Reis. Ademais, como consecuencia do impacto, un dos coches comezou a arder e quedou afectada a parte dianteira do vehículo.
O accidente aconteceu preto das 11:00 horas deste luns na parroquia de Santo André de César, tal e como indicou a persoa que chamou ao 112 Galicia para informar do suceso.
No operativo participaron o Servizo de Urxencias Sanitarias 061, voluntarios de Protección Civil de Caldas e Cuntis e os Bombeiros do Salnés, xa que entre os feridos había unha persoa que necesitaba axuda para saír do coche sen que houbese que utilizar os equipos de excarceración.