Tres persoas feridas nunha saída de vía na AG-1.5 no Concello de Rois

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron na madrugada deste sábado 19 de xullo, ás 5:53 horas, tras sucederse un accidente de tráfico con tres persoas feridas na AG-1.5, no Concello de Rois.

O vehículo precipitouse por un desnivel quedando envorcado lateralmente nunha pista forestal. Debido a isto, os bombeiros tiveron que habilitar un acceso para a ambulancia. 

Todos os ocupantes do vehículo foron trasladados ao CHUS para evaluar o seu estado físico. No lugar persoáronse tamén o 061, o GES de Brión e Garda Civil de Tráfico. 

Related posts

A Deputación da Coruña recibe máis de 330 solicitudes nas convocatorias de axudas de Política Social

UCIN Santiago propón a creación do Axente Cívico para mellorar a convivencia en épocas de alta afluencia turística

Presentadas oito ofertas para executar as obras da nova senda peonil e ciclista na AC-552, entre Arteixo e Lañas