32
Tres persoas resultaron feridas este xoves no Bolo ao saírse da vía o coche no que circulaban. Sucedeu no lugar de Lentellais, ao fío das 10:25 horas.
Os axentes da Garda Civil foron os que contactaron co 112 Galicia para dar conta do accidente, cuxo operativo puxo en marcha aos Bombeiros e ao GES de Valdeorras, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Bolo.
Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, aínda que se descartou o emprego do material de excarceración para liberar ás persoas feridas, os servizos de emerxencia utilizaron unha padiola para levalas ata a ambulancia desprazada.