Tres persoas feridas tras colidir un coche e un autobús en Cabana de Bergantiños

1 minutes read

O 112 Galicia tivo constancia do accidente pasadas as 10:30 horas deste xoves a través dun particular, que indicaba que un coche e un autobús acababan de chocar na estrada de Buño a Laxe, en Cesullas. Desde o primeiro momento apuntaron que había persoas que precisaban asistencia sanitaria.

Rapidamente, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Carballo, do GES de Ponteceso, da Garda Civil de Tráfico e dos operarios de mantemento da estrada. Os bombeiros interviñeron para limpar a vía. Ademais, o turismo quedou nunha finca próxima.

Os  servizos de emerxencias confirmaron que había dúas persoas feridas, unha en cada vehículo, que foron evacuadas. Outro implicado trasladouse polos seus propios medios ao centro sanitario, mentres que o resto dos pasaxeiros do autobús resultaron ilesos.

Finalmente, os bombeiros e os servizos de mantemento da estrada colaboraron para restablecer a circulación no punto.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?