Dúas persoas foron trasladadas con síntomas de intoxicación por inhalación de fume, mentres que unha terceira foi atendida no mesmo lugar dos feitos e pediu a alta voluntaria.
Todo comezou nun coche no interior dun garaxe pasadas as dúas da madruga, tal e como explicou un alertador aos xestores do 112 Galicia. Indicou que o incendio collía moita intensidade e xa comprometía o vehículo e máis o garaxe, que estaba pegado á casa. De feito, o fume metíase na vivenda e afectou aos seus ocupantes.
En concreto, tres personas resultaron afectadas, das cales dúas necesitaron o traslado hospitalario. Así o confirmaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
No que respecta ao incendio, os Bombeiros de Cee encargáronse da extinción, ventilación e medicións correspondentes para comprobar a ausencia de gases. Con todo, o lume arrasou o coche, o garaxe e unha cociña.
Os feitos ocorreron nunha vivenda situada no Castro de Duido, en Fisterra, e ademais dos bombeiros e sanitarios, participaron os voluntarios de Protección Civil da localidade e os axentes da Garda Civil.