Tres persoas resultaron afectadas a causa dun incendio nun garaxe en Duio, Fisterra

Bombeiros de Cee.

Dúas persoas foron trasladadas con síntomas de intoxicación por inhalación de fume, mentres que unha terceira foi atendida no mesmo lugar dos feitos e pediu a alta voluntaria.

Todo comezou nun coche no interior dun garaxe pasadas as dúas da madruga, tal e como explicou un alertador aos xestores do 112 Galicia. Indicou que o incendio collía moita intensidade e xa comprometía o vehículo e máis o garaxe, que estaba pegado á casa. De feito, o fume metíase na vivenda e afectou aos seus ocupantes.

En concreto, tres personas resultaron afectadas, das cales dúas necesitaron o traslado hospitalario. Así o confirmaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

No que respecta ao incendio, os Bombeiros de Cee encargáronse da extinción, ventilación e medicións correspondentes para comprobar a ausencia de gases. Con todo, o lume arrasou o coche, o garaxe e unha cociña.

Os feitos ocorreron nunha vivenda situada no Castro de Duido, en Fisterra, e ademais dos bombeiros e sanitarios, participaron os voluntarios de Protección Civil da localidade e os axentes da Garda Civil.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha