Tres persoas resultaron feridas na tarde deste xoves tras colidir tres coches que circulaban pola parroquia de Valadares, en Outes.
Os feitos ocorreron pasados uns minutos das 17 horas cando un particular implicado informa ao 112 Galicia do sinistro. No seu relato indicaba que acababa de ter un accidente no que se vían involucrados tres vehículos na DP-6202, no quilómetro 8 aproximadamente.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia solicitábase a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro, do GES de Noia, dos axentes da Garda Civil e dos membros de Protección Civil de Outes.
Finalmente, o persoal sanitario informaba ao 112 Galicia de que tres persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital con diferentes feridas de consideración.