Tres podios no Dúatlon Cidade de Santiago para os triatletas da AD.Fogar

1 minutes read

A pasada fin de semana 38 triatletas tomaban parte nas catro carreiras do Dúatlon Cidade de Santiago, promoción, escolar, circuíto mozo e circuíto de estrada. No primeiro clasificatorio escolar para a provincia de A Coruña do programa Xogade, os resultados máis destacados foron o 2º posto de Ian Gabriel Parga na categoría infantil, o 9º posto de Manuel López na alevín e o 11º posto de Martín Cid na benxamín.

Na proba puntuable para o circuíto mozo na xornada da tarde do sábado foron, Pedro López 2º clasificado júnior, Anxo Bello e Hugo Souto, 3º e 5º clasificados cadetes, Alba Otero 6ª júnior e Rubén Otero 9º xuvenil. Por equipos remataron 4º conxuntos a un só banzo de subir ao podio.

A cita da vindeira fin de semana será en Valladolid con motivo da desputa do Campionato de España de Dúatlon por Substitucións Mixtas, proba puntuable para a Liga Nacional Talento na que os triatletas masculinos da AD.Fogar estréanse na 1ª División logo de acadar o ano pasado o títalo de 2ª. Nesta ocasión representantes son Anxo Bello, Cristina López, Hugo Souto e Noa Carlota Atanes.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?