Os proxectos, do territorio do GALP Costa da Morte, finalistas son:
Na categoría – Innovación local:
- Proxecto Planta de Produción de Aceite de Microalgas, promotor Carbiotech, S.L.U.
Consiste na creación
dunha empresa de produción de microalgas, única ata o de agora na Unión Europea, para a obtención de
concentrado vexetal mariño con alto contido en DHA (omega 3), baseándose no
emprego dunha tecnoloxía innovadora e cun impacto medioambientalmente máis
sostible que as alternativas actuais, baseadas en fontes de orixe animal. Situada
no Concello de Carballo.
▪️Info
completa 👉
Na Categoría – Economía Circular (2 proxectos):
- Proxecto Persoas Diversas + Confrarías = Economía Circular, promotor ASPABER.
Trátase da adquisición de equipamiento necesario para a
capacitación de persoas con diversidade funcional na actividade auxiliar á
industria pesqueira de reparación de caixas de peixe mediante
termo-soldadura. Realízase unha actividade de reciclaxe, reducindo o consumo de
plástico na industria pesqueira, contribuíndo a
diminuír os plásticos que chegan ao mar. Concello de Carballo
▪️Info
completa 👉
- Proxecto Taller de Sensibilización Medioambiental da Costa da Morte, promotor Asociación de Redeiras Illa da Estrela.
Consiste na creación dun taller de sensibilización medioambiental da Costa da Morte e adquisición do equipamento e maquinaria necesario para poder desenvolver actividades e xornadas de carácter medioambiental, centradas fundamentalmente no reciclaxe das redes e residuos do mar.
▪️Info completa 👉
Podes votar ata o 20 de outubro na seguinte ligazón: 👉
O prazo para votar será ata o próximo 20 de outubro. Cada persoa pode escoller un proxecto por cada unha das 5 categorías.