- Estes días a biblioteca municipal acolle varias funcións mentres que o Campo da Feira tamén se celebra a I Festa en apoio á verbena
A biblioteca municipal de Ponteceso é escenario este mes de varias sesións de contacontos dirixidas ao público máis novo. A primeira tivo lugar este venres ás 18:30 horas. Os ratos da compañía Trinke Trinke visitaron a biblioteca e animaron aos participantes a percorrer distintos lugares da xeografía galega. A segunda sesión estará ao cargo de MeRe Clown e o seu espectáculo ‘A verdadeira historia de Hamelin’, un espectáculo onde o humor e os xogos van da man. Será este martes, 12 de outubro, ás 12:00 horas. O aforo é limitado, sendo preciso inscribirse no 659 431 242
I Festa en apoio á verbena
A música tamén é protagonista nesta ponte do Pilar en Ponteceso coa I Festa en apoio á verbena. Organizada por LB Producciones, arrincou este sábado ás 21:00 horas co Grupo La Bamba e a discoteca móbil Impacto. Consulta aquí a programación completa e as restricións ao tráfico.