Trinta policías impedirán o botellón nos xardíns de Méndez Núñez

DPM.

Os coruñeses celebran esta prohibición, logo de 11 anos aguantando o problema, de feito os servizos de limpeza calculan que teñen que retirar preto de tres toneladas de lixo cada noite de botellón. Agora a área foi declarada zona especialmente protexida polo que a policía poderá poñer multas de entre 200 e 3.000 euros.

Moitos mozos dos que acoden aquí para facer botellón están informados de que a partir de ahora está prohibido, pero xa buscan alternativas.

E precisamente iso é o que lles preocupa aos veciños do barrio do Orzán. A Policía Local agarda que, as primeiras noites en que o botellón está prohibido, sexan tranquilas por mor do tempo chuvioso.