Trinta veciños da Laracha percorren estes días Asturias

1 minutes read
Veciños da Laracha na Catedral de Oviedo_Cedida
  • A excursión, organizada polo Concello, está dirixida a persoas maiores de 65 anos, xubiladas e pensionistas

Unha trintena de laracheses participan desde este luns na excursión por Asturias que organiza o Concello para ofrecer unha alternativa cultural e de ocio ás persoas maiores de 65 anos de idade, xubiladas e pensionistas. Forman parte da expedición o alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López.

Durante a primeira xornada visitaron a localidade de Cudillero e a cidade de Oviedo. Este martes é o turno de Ribadesella, Llanes e o Santuario de Covadonga.

Na xornada deste mércores os veciños coñecerán Avilés e o Museo da Minería de Asturias, deixando para o día seguinte unha visita guiada por Xixón e Oviedo. Por último, o venres haberá paradas no poboado mineiro de Bustiello, en Mieres e en Luarca antes de emprender a viaxe de regreso.