Trinta veciños e veciñas de Frades visitan Braga, Porto e Aveiro


Un total de trinta veciños e veciñas de Frades participaron unha excursión a Portugal organizada polo Concello de Frades e que tivo lugar do 20 ao 22 de maio. Tres días nos que percorreron localidades como Braga (con visita ao Bon Xesús), Porto e Aveiro acompañados polo concelleiro de Cultura, Juan Carlos Portos Bra, e o concelleiro de Maiores, Jesús Francos.