Triunfo con remontada do Fabril en Fisterra

O Fabril logrou un valioso triunfo no campo Ara Solis de Fisterra, un dos terreos de xogo máis complicados do subgrupo A de Terceira División. Encima, o conxunto local púxose por diante no marcador á media hora de xogo. Os goles de Adri Castro e Javi Sánchez no último tramo do partido foron definitivos para un filial deportivista que leu perfectamente o choque na segunda metade. Co resultado (1-2) deste encontro correspondente á 10ª xornada, o Fabril ascende á terceira praza con 15 puntos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha