Triunfo do Hierros Varela Urbieta Xiria en Chapela

Balonmán Chapela 44 – Hierros Varela Urbieta Xiria 45 (21-23)

Xogábanse moito ambos equipos neste enfrontamento e notáronse nas gañas que os xogadores puxeron durante os 60 minutos na pista. Partido de moita intensidade onde a penas se fallaron lanzamentos á portería e onde o ritmo frenético de contra-gol e a igualdade converteron o choque nun magnífico partido.

O Hierros Varela Urbieta non caeu na precipitación e puido contrarrestar os envites do Balonmán Chapela, os redondeláns primeiro dispuxeron unha defensa especial sobre o pivote carballés e logo saíron en defensa individual sobre un primeira liña, ambas situacións eran resoltas polo Xiria que golpeaba polo extremo dereito e polo centro da defensa. Tampouco o Xiria era capaz de frear aos atacantes dos primeiras liñas do Chapela que conseguían penetrar e chegar en lanzamentos dende 6 metros que acababan en gol ou sete metros.

A maior parte do tempo o Xiria, aínda que con escasa diferenza, dominaba no marcador, ata a recta final dos derradeiros 7 minutos onde o Chapela se adiantaba, pese a elo os carballeses deron mostras de control do xogo e souberon facerse coa importante vitoria que os consolida na cuarta praza.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha