Tropezo do Sofán en casa do Somozas (2-0)


Catro minutos levoulle ao conxunto do Somozas abrir a lata por mediación de Pablo Rey, no Manuel Candoncia, e instaurar así o 1-0 no marcador. Tarde pouco apracible, con moita choiva e con ese resultado chegaríase ao descanso. O Sofán tentábao, quizais máis que nunca, pero non sacaba froito ao seu esforzo. Marcos Álvarez sentenciaba o encontro para os locais no minuto 74, 2-0 definitivo no marcador. O Somozas segue líder da categoría e o Sofán no vagón de cola, á espera de que a sorte tamén lle acompañe, pois non fixo un mal partido.