Trump acusa a Irán dos ataques a dous petroleiros


Estados Unidos di que a República Islámica de Irán é responsable dos ataques ocorridos no golfo de Omán, acusou o secretario do Departamento de Estado de EEUU Mike Pompeo nunha breve comparecencia ante os medios de comunicación.


Pompeo tamén sinalou que o incidente «é un inaceptable agravamento das tensións por parte de Irán» e pediu unidade á comunidade internacional ante as accións de Teherán. Segundo o secretario do Departamento de Estado, a análise estadounidense para chegar a esta conclusión fundaméntase no tipo de armas usadas e o nivel de «sofisticación» da operación.

Petroleiro atacado en Oman.