38
O presidente estadounidense Donald Trump asegura nun vídeo gravado no hospital militar onde está ingresado tras ser diagnosticado de covid-19 que se encontra «moito mellor» e traballando para volver, aínda que «a verdadeira proba será nos próximos días». O equipo médico que o atende mostrouse «cautelosamente optimista», tras unha xornada na que o mandatario non presentou febre nin precisou osíxeno suplementario, aínda que recoñece que «non está fóra de perigo». Así pois, as próximas 48 horas serán decisivas para coñecer a evolución da enfermidade do actual presidente e candidato republicano á reelección, que ten 74 anos e quere «rematar a campaña» para os comicios de novembro.