Trump ameaza con atacar 52 obxectivos iranianos


  • Irán anuncia que deixa de cumprir os límites do acordo nuclear

Mentras, Donald Trump ameazou este domingo con responder con forza as represalias que poida ter en mente Irán e apuntou que ten 52 obxectivos de alto nivel e importancia para Irán e a súa cultura no punto de mira.

O ministro de Exteriores de Irán recordoulle que a destrución deliberada de patrimonio histórico está considerada un crime de guerra.

Máis de 70 cidades dos Estados Unidos acolleron manifestacións contra o ataque de Trump a Irán e para esixir a retirada dos máis de 60.000 soldados estadounidenses despregados actualmente en Oriente Medio.

Pola contra, as autoridades norteamericanas decidiron enviar entre 3.000 e 3.500 soldados máis para reforzarse contra as ameazas.
Ante a escalada de tensión, España tamén informou de que intensificara a seguridade dos arredor de 500 militares que ten en Iraq.