Trump ameaza con cortar o comercio con España e o Goberno esíxelle cumprir os seus acordos coa UE

O presidente de Estados Unidos, Donald Trump, ameazou con «cortar todo o comercio con España» despois de que o Goberno español anunciase que non permitirá que Washington utilice as bases de Morón e Rota na súa ofensiva contra Irán. «España foi terrible, así que imos cortar todo comercio con eles. Non queremos ter nada que ver con eles», sinalou o republicano este martes desde a Casa Branca, onde se reuniu co chanceler alemán, Friedrich Merz. Con todo, Trump remarcou que «podería parar todos os negocios relacionados con España» pola vía dos embargos. Fontes do Executivo español sinalaron que se Washington quere revisar a relación comercial entre ambos os países, «deberá facelo respectando a autonomía das empresas privadas, a legalidade internacional e os acordos bilaterais entre a Unión Europea e EE.UU.».

Related posts

Nova guerra no mundo | EE.UU. e Israel atacan Irán

Navalni morreu envelenado cunha toxina letal presente en ras velenosas, segundo varios países europeos

O socialismo vence nas presidenciais de Portugal