Trump ameaza con «regular ou pechar» as redes sociais

1 minutes read

Ocorreu despois de que Twitter colgase unha etiqueta de verificación por enganoso nunha mensaxe do presidente estadounidense.

Donald Trump criticaba con acusacións de «fraude» a decisión do gobernador de California, o demócrata Gavin Newsom, de enviar papeletas de voto por correo a todos os electores rexistrados, unha medida extraordinaria polo coronavirus. Baixo a mensaxe de Trump, unha alerta de Twitter cunha ligazón a información verificada que contradi as manifestacións do presidente.

Máis tarde, Donald Trump, continuaba coa polémica falando do sentimento entre os republicanos de que «as plataformas das redes sociais silencian totalmente as voces conservadoras. Regularemos con contundencia, ou as pecharemos, antes de permitir que isto suceda», engadía.
Trump ten máis de 80 millóns de seguidores en Twitter, e é o seu sistema de comunicación preferido.