40
Donald Trump afirmou que quere acudir ao próximo debate electoral previsto para o vindeiro día 15 en Miami. O presidente dos Estados Unidos fixo o anuncio 24 horas despois de saír do hospital onde ingresou tras dar positivo en covid-19 e de que o seu médico dixera que non está aínda fóra de perigo. As eleccións á presidencia dos Estados Unidos celebraranse o 3 de novembro. As últimas mensaxes de Trump confirman a súa intención de seguir loitando pola casa Branca, nunha carreira que finalizará o 3 de novembro e na que marcharía ata 16 puntos por detrás do seu rival, segundo diferentes enquisas.