- O presidente dos EE.UU sinalou que as forzas estadounidenses están preparadas para “calquera cousa”
O presidente de Estados Unidos, Donald Trump, confirmou nunha rolda de prensa que non houbo baixas no ataque de Irán contra dúas bases militares estadounidense e anunciou “poderosas” sancións contra o país ata que este cambie o seu comportamento.
Ademais, lembrou que as forzas estadounidenses están “preparadas para calquera cousa” aínda que polo momento “parece que Irán está en retroceso”.
Desta forma, a Casa Branca réstalle importancia ás ameazas vertidas polo líder iraniano cuxo obxectivo é que Estados Unidos abandone Oriente Próximo.
Fonte: Euronews