Trump asegura que volverá á Casa Branca en 2024


Donald Trump asegura que volverá á Casa Branca en 2024 e que este ano recuperará o congreso e o senado. Foi en Arizona un dos caladoiros de votos republicanos onde foi aplaudido e acirrado por miles de seguidores.

O expresidente estadounidense insistiu unha vez máis en que lle roubaron as eleccións pero que vai ter de novo o que asegura que lle quitaron: »Este é o ano no que imos recuperar a Cámara de Representantes. Imos recuperar o Senado. E imos recuperar América, isto é moi importante; e en 2024, imos recuperar a Casa Branca». O Partido Republicano desprazouse cara á súa máis dereitizada que considera a Trump o seu maior activo electoral.

As eleccións de medio mandato de novembro, historicamente benefician ao partido da oposición e segundo as enquisas é probable que os demócratas perdan o control de ambas as cámaras. Trump desenvolveu a súa teoría sobre o salto ao Capitolio e concluíu que vai organizar « un regreso como o que nunca se viu antes».