O republicano, expresidente dos Estados Unidos e futuro candidato, que aspira de novo á presidencia estadounidense, cualifica os comicios como a “data máis importante” na historia do país. Donald Trump, asegurou que unha derrota súa nas eleccións de novembro será o fin da democracia dos Estados Unidos. “Non creo que vaiamos ter outras eleccións neste país se non gañamos estas”, dixo durante un mitin en Ohio, o primeiro que ofrece desde que o martes logrou os números necesarios para converterse no candidato republicano á Casa Branca. As súas palabras acenderon a polémica nunha campaña xa crispada. No seu discurso, o magnate estadounidense avogou tamén pola imposición de aranceis aos automóbiles importados e a competencia estranxeira estadounidense, para despois asegurar que se non sae elixido en novembro ía ser “un baño de sangue para todo o país”.
25