Trump augura ‘un baño de sangue’ nos Estados Unidos se non gaña as eleccións

O republicano, expresidente dos Estados Unidos e futuro candidato, que aspira de novo á presidencia estadounidense, cualifica os comicios como a «data máis importante» na historia do país. Donald Trump, asegurou que unha derrota súa nas eleccións de novembro será o fin da democracia dos Estados Unidos. «Non creo que vaiamos ter outras eleccións neste país se non gañamos estas», dixo durante un mitin en Ohio, o primeiro que ofrece desde que o martes logrou os números necesarios para converterse no candidato republicano á Casa Branca. As súas palabras acenderon a polémica nunha campaña xa crispada. No seu discurso, o magnate estadounidense avogou tamén pola imposición de aranceis aos automóbiles importados e a competencia estranxeira estadounidense, para despois asegurar que se non sae elixido en novembro ía ser «un baño de sangue para todo o país».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha