52
Un desafiante Donald Trump trata de desacreditar á Xustiza, no seu primeiro mitin de campaña para as presidenciais dos Estados Unidos. «Non teñen nada (contra min)!», clamou ante os seus seguidores na cidade texana de Waco.
«Serán reivindicados e estarán orgullosos e os matóns e criminais que están a corromper o noso sistema de xustiza serán derrotados, desacreditados e totalmente deshonrados», dixo.
O expresidente estadounidense enfróntase a unha posible imputación en Nova York polo suposto suborno á actriz porno Stormy Daniels, coa que tivo un caso.