Trump condenado a pagar 355 millóns de dólares por fraude

Un xuíz de Nova York condenou ao expresidente estadounidense (2017-2021) Donald Trump a pagar 354,9 millóns de dólares por varios casos de fraude na súa empresa familiar, a Organización Trump. Ademais, o maxistrado Arthur Engoron limitou a capacidade do exmandatario de facer negocios no estado de Nova York durante os próximos tres anos.

A multa divídese en varios cargos a Trump e ás súas empresas (por un valor conxunto de 354,9 millóns de dólares), aos seus dous fillos maiores (catro millóns de dólares a cada un) e a un antigo executivo da compañía (un millón de dólares), todos eles acusados pola Fiscalía de inflar cifras de activos para lograr vantaxes con aseguradoras e bancos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha