Trump declárase inocente dos 37 cargos na súa contra

Tras comparecer ante un tribunal federal en Miami, o expresidente Donald Trump declarouse inocente dos 37 cargos que se lle imputan, o republicano, de 76 anos, está acusado de poñer en perigo a seguridade dos Estados Unidos por gardar documentos confidenciais, incluídos plans militares e información sobre armas nucleares, nos aseos e almacéns da súa luxosa residencia de Mar-a-Lago, en Florida. Esto achanda o camiño para un xuízo potencialmente moi prexudicial para a súa campaña para as eleccións presidenciais estadounidenses de 2024. Desde que se lle acusou, Trump denunciou un suposto «complot» para apartalo da competencia política fronte ao presidente demócrata Joe Biden. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha