O expresidente Donald Trump, afirma que os tiroteos son unha razón para ter máis armas non menos: «A existencia do mal no noso mundo non é unha razón para desarmar aos cidadáns respectuosos coa lei que saben usar as súas armas e poden protexer a moita xente. A existencia do mal é unha das mellores razóns para armar aos cidadáns respectuosos da lei». O número de mortos por arma de fogo en Estados Unidos aumenta cada ano. En 2021 morreron tiroteadas 20.920 persoas. O gobernador de Texas, o republicano Greg Abbott, limitouse a dicir este sábado que a última matanza podía haber sido peor.