Trump en liberdade baixo fianza de 200.000 dólares tras ser fichado

Donald Trump, fichado no cárcere do condado de Fulton, en Atlanta. En só 20 minutos, acordados polos seus avogados, e en horario de máxima audiencia televisiva, o expresidente dos Estados Unidos realizou os trámites necesarios. Tomáronlle as pegadas e fíxoselle a foto pertinente e tan esperada: a primeira instantánea da historia dun expresidente do país para unha ficha policial.

Pero o 45 presidente dos Estados Unidos non dubidou en sacar rédito político ao seu paso por Fulton. De feito, tratou de acaparar a atención un día despois do debate entre os candidatos republicanos á presidencia, ao que non acudiu. Ademais, non tardou en publicar a foto policial que lle tomaron na prisión na súa conta de X (antes Twitter).

Trump cumpriu coa xustiza e foi fichado nesta cuarta imputación, na que se lle acusa de tratar de reverter resultados electorais en Xeorxia, para sacar vantaxe ao actual presidente, Joe Biden, con quen os votos estaban moi axustados.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha