O presidente de Estados Unidos Donald Trump, esixiu aos gobernadores dos estados unha resposta máis agresiva. Cualificou a algúns gobernadores de débiles e instoulles a encarcerar aos manifestantes dez anos. O policía Derek Chauvin está encarcerado en solitario e baixo vixilancia para evitar agresións ou o seu suicidio. Postergouse a súa comparecencia ante o xuíz ata o 8 de xuño.
O alcalde de Nova York, Bill de Blasio, asegurou este luns que debate a “opción” de impoñer un toque de queda na cidade tras o asalto a varias tendas en Manhattan o domingo pola noite. Nova York Uniríase a polo menos corenta cidades estadounidenses con toque de queda e o despregamento da Garda Nacional en quince estados e en Washington.
A policía de Nova York despregou tamén a axentes en bicicleta contra os manifestantes na noite do domingo. Houbo unhas catrocentas detencións, entre elas a da filla do alcalde neoyorkino. En Mineapolis houbo tamén detencilones masivas daqueles que violaron o toque de queda e estaban na rúa. A policía acudiu a disolver as as manifestacións xunto a miembtos da garda nacional.
A marxe de manobra de Trump para facer fronte ás protestas é limitado, debido á natureza do sistema federal de Estados Unidos e a que unha lei de 1878 impídelle usar ás forzas armadas federais para tarefas de seguridade e orde público a nivel nacional.