40
O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, non descarta impoñerlle sancións a España polo suposto apoio financeiro do goberno en funcións á Venezuela de Nicolás Maduro.
Trump deixou aberta esa posibilidade só unhas horas despois de que o executivo español negara que Washington estea considerando esa opción.
A preguntas dos xornalistas, e antes de coller un helicóptero rumbo ao estado de Misisipi, Trump dixo «Xa veremos. Xa veremos».
O ministro de Asuntos Exteriores, Josep Borrell, di que xa se puxo en contacto co goberno e a embaixada norteamericana e cualifica as informacións como «rumores sen fundamento».