Trump pídelle a Putin que non interfira nas súas eleccións


O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, xunto ao seu homólogo ruso Vladimir Putin, falaron moito durante o seu encontro no cume do G-20 en Xapón. Siria, Ucraína, Venezuela e as tensións entre Estados Unidos e Irán foron os temas máis recorrentes, pero non pasou desapercibida a pregunta dunha xornalista sobre o peso de Rusia nas eleccións estadounidenses.

Trump decidiu alardear de humor e advertiu a Putin de que non se metese nas eleccións de Estados Unidos.

Este encontro foi o primeiro entre ambos desde o seu polémico cume de hai case un ano na que Trump puxo en dúbida a presunta inxerencia rusa nos comicios do 2016.