Afundido nas sondaxes, o presidente dos Estados Unidos Donald Trump, suxeriu este xoves a posibilidade de aprazar as eleccións presidenciais no país norteamericano, argumentando que existe un risco de que sexan «imprecisas e fraudulentas» polo sistema de voto por correo. Trátase dunha medida sen precedentes , nuns comicios nos que Trump se xoga, entre outras cousas, a súa reelección. A pesares do plantexamento , segundo a Constitución estadounidense, só o Congreso pode fixar e cambiar a data das eleccións.