Trump «rompe» a relación de EEUU coa OMS

O presidente estadounidense, Donald Trump, anunciou este venres que decidiu «romper» a relación do seu país coa Organización Mundial da Saúde (OMS), á que acusa de xestionar mal a emerxencia sanitaria do Covid-19, ao crer en exceso as informacións achegadas por China. «Debido a que non lograron realizar as solicitadas e moi necesarias reformas, terminamos a nosa relación coa Organización Mundial da Saúde e redirixiremos eses fondos a outros en todo o mundo merecedores, con necesidades urxentes de saúde pública mundial», sinalou o presidente estadounidense.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha