Trump: «Son inmune»


O presidente de Estados Unidos, Donald Trump, quen deu positivo fai máis dunha semana por COVID-19, «xa non se considera un risco de transmisión para outros», asegurou o médico do gobernante na Casa Branca, Sexan Conley. «Compráceme informar de que, ademais de que o presidente cumpre cos criterios dos CDC (Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades) para a interrupción segura do illamento, as mostras de PCR de COVID demostran, segundo os estándares actualmente recoñecidos, que xa non se considera un risco de transmisión para outros», indicou o galeno.

«A nosa nación vai derrotar a este terrible virus de China», prometeu Donald Trump, asegurando na súa conta de Twitter «ser inmune» e que se sente moi ben.