41
A sentenza da Audiencia provincial considerou probado que César Adrio acabou coa vida da súa exparella Ana Enjamio en decembro de 2016 cravándolle un coitelo repetidas veces despois de acosala varios meses porque non aceptou a fin da relación sentimental que mantivera con ela. Deste xeito o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma a sentenza que condena a trinta anos e catro meses de prisión a César Adrio. Tras a celebración hai un mes da vista de apelación, o Tribunal Superior de Xustiza acaba de confirmar a sentenza coa condena que se lle impón ao acusado.