A Senda do Xallas e o proxecto de Turismo Científico do Monte Pindo reuníronse coa Deputación da Coruña para avanzar na presentación dunha candidatura conxunta á convocatoria nacional do Plan de Sostibilidade Turística en Destino. Á reunión asistiron os alcaldes de Carnota, Dumbría, Mazaricos, Santa Comba e Zas, Juan Manuel Saborido, José Manuel Pequeño, Juan Blanco, María Josefa Pose e Manuel Muiño, ademais do deputado de Cooperación, Plans Provinciais Xerais, Turismo e Patrimonio Histórico e Cultural, así como técnicos de turismo da Deputación da Coruña e os concellos. O novo proxecto común unirá aos cinco concellos, vertebrándoos a través da súa relación co Río Xallas desde o seu nacemento ata a súa desembocadura no mar na Fervenza do Ézaro.
16