Turismo da Deputación da Coruña leva a Barcelona ‘A provincia que sabe’

1 minutes read

A Deputación da Coruña viaxa dende o luns 6 ata o mércores 8 a Barcelona para promover “A provincia que sabe”, a súa marca turística e gastronómica, no emblemático Fórum Gastronómic. Alí, levará a cabo diferentes actividades como vermús, showcookings, degustacións, charlas e ata a elaboración do ritual tradicional da queimada.

“Queremos dar a coñecer non so a nosa riqueza gastronómica e paisaxística, senón tamén a nosa idiosincrasia, que nos fai tan únicos”, sinala o vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo, Xosé Regueira. “Todo iso forma parte do atractivo turístico da provincia”.

Todas estas actividades da Deputación no Fórum Gastronómic de Barcelona responden ao compromiso da área de Turismo de “situar no mapa internacional a riqueza e autenticidade da nosa provincia e dos nosos xeodestinos” e, ao mesmo tempo “impulsar o bo facer dos nosos cociñeiros, produtores locais e diferentes profesionais que traballan no sector turístico”, apunta Regueira.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?