Turismo da Deputación da Coruña presenta en Valladolid ‘A provincia que sabe’

A área de Turismo da Deputación leva a Valladolid a súa marca gastronómica e turística «A provincia que sabe», onde participa na Feira Internacional de Turismo de Interior INTUR dende o 16 ata o 19 de novembro. Alí está promocionando a riqueza turística e gastronómica da provincia nun stand no que ofrece información de diferentes destinos, así como showcookings e degustacións durante os tres días de feira.

«O interior da provincia da Coruña é un gran descoñecido, e exhibirémolo nesta feira, na que se poderán coñecer algúns dos nosos atractivos como o concello de Arzúa, o Camiño Inglés ou as Mariñas Coruñesas – Reserva de Biosfera» sinala o vicepresidente da Deputación e deputado de turismo, Xosé Regueira. «E, como para nós, turismo e gastronomía van da man, participamos en INTUR cunha programación que xunta ambas temáticas» engade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha