Turismo da Deputación financia unha nova edición da Edommo Junior Pro Razo

O Edommo Junior Pro Razo volve un ano máis ao areal carballés dende este mércores ata o 27 de setembro. Así se anunciou nunha presentación na que participou o vicepresidente, Xosé Regueira. Esta proba é unha das tres da World Surf League que se celebra en España (as tres na provincia da Coruña) e que a área de turismo da Deputación financia cun investimento de 310.000€, xunto ao Gadis Longboard Festival Ferrol e o Abanca Pantín Classic Galicia Pro. Do 24 ao 27 de setembro a praia de Razo converterase, así, no punto de encontro do surf mundial do 24 ao 27 de setembro na quinta edición do EDOMMO JUNIOR PRO RAZO. Durante os días de competición, lévanse a cabo diversas actividades paralelas, e os asistentes poderán gozar dunha ampla variedade de actividades na zona de lecer como a rampla de Skate, zona de consumo, stands, obradoiros sostibles e espazo de conciliación con bautismos de surf e Skate. O evento é unha celebración do surf e da cultura local nunha das costas máis fermosas de Galicia.

Related posts

En marcha en Malpica unha campaña de castración e implantación de microchip para gatos

A RAG concede o I Premio ‘Na lingua que eu Falo’ ao CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños

Carballo | Aberto á circulación o primeiro treito da vía que enlazará o polígono de Bértoa coa estrada de Razo