Turismo da Deputación promociona “12 visitas imprescindibles na provincia da Coruña”


O vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo, Xosé Regueira, participou nas xornadas profesionais do Salón B-Travel que se está celebrando esta fin de semana no Recinto Feiral de Montjuïc de Barcelona.

Ademais de participar nas xornadas profesonais, a área provincial de Turismo está a realizar unha promoción de diferentes experiencias turísticas de carácter industrial de toda a provincia da Coruña desde o stand que ten instalado no Salón B-Travel.

Baixo o título “12 visitas imprescindibles na provincia da Coruña” estase a ofrecer material promocional que recolle información sobre o Museo Estrella Galicia – MEGA, o proxecto de ecoturismo ‘A Castrexa’ (Cambre), a Casa Grande de Xanceda (Mesía), o Ecomuseo Forno do Forte (Malpica), o Lago Mineiro de As Pontes, o espazo museístico La Conservería de 1884 (Camariñas), a Ruta da Construción Naval en Ferrol, Mina Piquito (Moeche), o Muíño das Mareas ‘Pozo do Cachón’ (Muros), o proxecto ‘Os Biosbardos-Cultura de Leira’ (Cambre), a Ruta do lúpulo galego, e a empresa de cultivo e comercialización de té e plantas aromáticas ‘Orballo’ (Oleiros).