Turismo de Galicia asumirá a xestión do albergue de peregrinos de Vilagarcía

1 minutes read

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, avanzou que a Xunta colaborará na posta en marcha do albergue de peregrinos de Vilagarcía de Arousa e asumirá a súa xestión, sempre e cando o concello solucione as deficiencias que actualmente presenta e das que é coñecedor.

“Tal e como está agora é inasumible, o edificio presenta numerosas deficiencias que impiden que agora poida entrar a funcionar”, explicou Merelles. “Non se trata de que falte o mobiliario ou as cociñas, é que presenta problemas estruturais, de cuberta e de humidades que é preciso reparar así como rematar o exterior e moitas outras cuestións relativas ao subministro eléctrico”, tal e como se recolle nun informe técnico elaborado polos técnicos da S.A Xacobeo trala visita realizada en febreiro deste ano.

Non obstante, o director de Turismo de Galicia asegurou que se colaborará na posta en marcha do albergue de peregrinos de Carril e se asumirá a súa xestión, como sempre se fai con todos os que dependen de administracións públicas, pero é preciso que o edificio estea en condicións. Neste sentido, Merelles destacou que a construción do edificio se fixo sen remitir o proxecto, sen contar coa opinión dos técnicos da Xunta, e sen criterios obxectivos de necesidade de atencións aos peregrinos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?