0
A directora de Turismo, Nava Castro, explicou este sábado que Santiago e Ferrol prevén unha ocupación total nos días festivos da Semana Santa mentres que no resto de xornadas se rebaixa a entre un 60 e 75 por cento respectivamente. Cidades coma Vigo e A Coruña prevén medias de entre 70 e 80 por cento. O turismo de costa como Sanxenxo ou o de interior, como a Ribeira Sacra, contan ter ocupacións superiores ao 80 por cento nos días festivos. Castro apunta ademais que, malia a tendencia alcista dos prezos no conxunto da economía, a Semana Santa a priori non se ve afectada, á luz das previsións e as reservas.