Turismo de Santiago crea unha ferramenta que concentra a oferta turística para familias

Oficina de Turismo de Santiago_Concello

  • Con esta ferramenta de balde serán as propias empresas as que poderán cargar a súa oferta na páxina web de Turismo de Santiago

Turismo de Santiago está desenvolvendo unha nova ferramenta telemática para que as familias que visitan a cidade poidan coñecer nun único espazo web toda a oferta turística dispoñible para elas. Trátase dun proxecto que afonda na estratexia de captación de turismo familiar, un segmento fundamental para a cidade, especialmente no contexto actual.

Con esta ferramenta de balde serán as propias empresas e entidades provedoras de servizos pensados para familias as que poderán cargar a súa oferta na páxina web de Turismo de Santiago, ampliando a súa capacidade de difusión, xa que a web da entidade municipal ten máis de tres millóns e medio de páxinas vistas ao ano.

A nova ferramenta segue na liña de DispoApp e Dispotur, creadas por Turismo de Santiago para facilitar información en tempo real para turistas e visitantes na web www.santiagoturismo.com.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha