Turismo destina 25 millóns para dixitalizar empresas do sector


O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo lanza desta maneira a primeira convocatoria de axudas para o desenvolvemento e implantación de proxectos tecnolóxicos innovadores. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou a orde de bases que regularán a concesión dunha primeira convocatoria de axudas para intensificar a dixitalización das empresas do sector turístico, cun orzamento de 25 millóns de euros dirixido ao desenvolvemento e implantación de proxectos tecnolóxicos singulares e transformadores. Esta liña de axudas do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado con fondos europeos. O prazo para poder solicitar estas axudas abrirase durante un mes a partir da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. O Ministerio habilitou a seguinte caixa de correos para atender dúbidas: consultas.ayudas@segittur.es.