Baixo o nome de «Vigo. Millóns de visitantes, millóns de embaixadores», durante 4.39 minutos faise un repaso de todos os eventos importantes do ano en Vigo. Unha voz en off feminina e outra masculina «discuten» sobre os motivos polos que teñen que volver, supostamente despois de pasar uns días na cidade o pasado Nadal. Así, argumentan ao comezo do vídeo que deberían deixar a árbore de Nadal un pouco máis de tempo, pois así parecen que seguen aquí, «onde reside o Nadal». Mentres se suceden unha tras outra imaxes das luces deste pasado Nadal, os protagonistas van nomeando elementos que «lembran» dos seus días na cidade. «A nora, o mercado, a pista de xeo, a luz, a cor…. Merece a pena velo.